
O equipo de tiro de pistola 10 metros de España conqueríu o cuarto posto na clasificación final da European Youth Legue (Liga Europea Xuvenil), que se celebrou entre os días 9 e 12 do presente mes de outubro en Budapest (Hungría) e no que participaron os 10 mellores equipos do continente que previamente superaran as etapas rexionais desputadas entre abril e maio.
O conxunto español estivo integrado polo mozo do Irixo Roi Freixedo, acompañado por Gloria Sánchez, Daniel San Frutos e Covadonga Lledías e que nesta fase final fíxose acredor onte, 12 de outubro, de pelexar pola medalla de bronce contra o equipo anfitrión, Hungría. Esta selección de España lograra hai seis meses clasificarse para esta derradeira fase na competición disputada na cidade italiana de Bolonia, tras vencer a Eslovenia e á República Checa.
O campionato de Europa iniciábase o xoves, 9 de outubro, cos adestramentos, aos que, polas combinacións dos voos o combinado español chegou tarde e os seus integrantes só puideron facer un par de disparos. Ao día seguinte competiron contra Polonia, gañando por 14-10, e contra Italia, perdendo 10-14.
Na xornada do pasado sábado, 11 de outubro, venceron 13-11 a Serbia, e tamán se impuxeron no shoot-off (12-12) contra Lituania, quedando así segundos de grupo e optando á competición polo bronce o domingo contra o anfitrión, Hungría. O match co combinado anfitrión tivo lugar dende as 9,00 horas e foi transmitido en streaming na canle de YouTube da European Shooting Confederation (Confederación Europea de Tiro).
Finalmente o equipo de España non pudo con Hungría na final polo bronce, xa que os anfitrións remataron impoñéndose por 83 a 69. Só a salmantina, Gloria Sánchez, logrou vencer no seu duelo a Fanni Kaabina por 22 a 16, mentres o ourensán do Irixo, Roi Freixedo, empatou a 19 contra Kira Lara Péter. O ouro foi para o equipo de Ucraína e a prata para Italia.
Os países representados na fase final, ademais de España, foron Letonia, Servia, Ucrania, Italia, Chequia, Lituania, Suecia, Polonia e Hungría.