Cine Club proxecta este venres a película francesa “Por todo lo alto” no Auditorio do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O vindeiro venres, 17 de outubro, Cine Club Carballiño proxecta no Auditorio Manuel María o último gran éxito do cinema francés, “Por todo lo alto”, de Emmanuel Courcoul.

O argumento conta que “Thibaut é un director de orquestra de renome internacional que viaxa polo mundo. Cando descobre de que é adoptado, coñece da existencia dun irmán, Jimmy, un empregado de comedor escolar que toca o trombón nunha banda de música no norte de Francia. Ao parecer, todo os separa, excepto o amor pola música. Ao detectar as excepcionais habilidades musicais do seu irmán, Thibaut proponse reparar as inxustizas do destino. Jimmy entón comeza a soñar con outra vida”.

Mistura de drama e comedia ambientada no mundo da música, a película tivo 7 nominacións nos Premios Cesar e foi gañadora do Premio do Público no Festival de San Sebastián, batendo o récord de puntuación (9,3 sobre 10). Un filme emotivo e divertido que conquistou tanto ao público como á crítica especializada.

Os pases serán, coma sempre, ás 20,00 h en versión dobrada ao castelán, e ás 22,30 h en versión orixinal subtitulada, no Auditorio do Carballiño.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------