O alumnado do obradoiro xuvenil recibíu os seus diplomas tras realizar traballos no Carballiño, Maside e Boborás

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Un total de 16 mozas e mozos entre 18 e 25 anos recolleron hoxe na Casa do Concello do Carballiño os diplomas que lles acreditan ter formado parte do equipo laboral do obradoiro xuvenil de emprego ‘Carbomas’, que durante o último ano levaron a cabo diversos traballos de acondicionamento de infraestruturas nos municipios de Maside, O Carballiño e Boborás, cun investimento de 440.000 euros por parte da Consellería de Comercio e Emprego da Xunta de Galicia.

Ao acto asistiron o delegado territorial e a xefa de Emprego da Xunta en Ourense, Manuel Pardo e Marta Vázquez, respectivamente; a concelleira de Emprego, Diana González, e o edil de Industria, Manuel Dacal, do Carballiño; o alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, e a concelleira de Cultura de Boborás, Rosa Pérez.

O alumnado, distribuído en dous módulos (xardinería e carpintería) realizaron traballos de mellora nos espazos senlleiros e de interese paisaxístico e turístico do Puzo do Lago, coa reposición do valado perimetral, e na Rañoa, onde repuxeron o céspede, repararon os valados e tamén realizaron melloras na cobertura arbórea do recinto.

Nun dos socalcos da contorna da piscifactoría do Carballiño, o alumnado de xardinería efectou unha replantación de céspede e a introducción de plantas para a creación dun xardín aromático, no que o módulo de carpintería tamén instalou un reloxo solar de posicionamento, o único existente na provincia de Ourense. Ademais, instalouse un sistema de riego automatizado para manter en condicións axeitadas a vexetación da contorna.

Asemade, o mesmo módulo de carpintería tamén levou a cabo a substitución e reposición con novos materiais da pasarela peatonal de madeira de 250 metros do paseo fluvial que comunica o barrio da Toscaña coa ribeira do río Arenteiro pola súa marxe dereita. As antigas travesas do pavimentado e do valado deste paso atopábase nun deficiente estado de conservación, tendo en conta que a súa construción data do ano 2007. Un traballo que foi o máis complicado polas súas características, según indicou o director do obradoiro, David Lozano.

Finalmente, o alumnado procedeu a reposición e ampliación dos módulos de xogos ubicados no parque infantil da capitalidade de Boborás.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------