Maside pón en valor o Castro de Santa Mariña con roteiros, visitas guiadas e charlas didácticas

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de Maside, coa colaboración do colectivo arqueolóxico Arqueolladas e a empresa Breogán Arqueoloxía, promoven para estas dúas fines de semana un programa de actividades baixo o lema ‘Outubro na Santa Mariña’, co obxectivo de poñer en valor os achados da cuarta campaña de escavacións realizadas no Castro de Santa Mariña e achegar á cidadanía este espazo e o seu alto valor patrimonial.

A primeira cita terá lugar mañá sábado dende as 12,00 horas, no bar Os Pitelos, en Maside, onde os técnicos dará conta dos resultados da campaña arqueolóxica. Xa o domingo, día 19, dende a localidade de San Fiz partirá ás 10,00 horas o ‘III Roteiro Cultural a Santa Mariña’, cun percorrido de 4,5 km que rematará cunha visita ao xacemento e a escenificación da “Oda á Santa Mariña”, que correrá a cargo do grupo de teatro Dar Trela.

E para o vindeiro domingo, 26 de outubro, ás 12,00 horas, terá lugar na Adega de Flores, no Carballiño, unha nova charla sobre os traballos realizados no castro, e, a partir das 16,00 horas, co punto de concentración no bar Os Pitelos, haberá unha nova saída para levar a cabo 8unha visita guiada ao conxunto arqueolóxico.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------