A Fundación Minería e Vida premia as boas prácticas e a política de transparencia do proxecto ‘Mina Doade’

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O proxecto de participación social e comunicación de Mina Doade obtivo o primeiro premio na categoría “Proxecto destacado en Xestión Social–Gran Empresa”, subcategoría “Participación na Comunidade Local”, dos Premios Nacionais 2025 da Fundación Minería e Vida. Según a promotora da explotación mineira, “trátase dun recoñecemento ao enfoque participativo e de transparencia que caracterizou a iniciativa de Recursos Minerais de Galicia desde as súas primeiras fases, anticipándose aos novos requisitos normativos que hoxe son xa obrigatorios en Galicia. Os Premios da Fundación Minería e Vida son un dos referentes do sector mineiro en España e premian as boas prácticas con impacto social positivo. O fallo subliña que o enfoque de participación e transparencia de Mina Doade constitúe unha experiencia pioneira no sector extractivo en España e un referente en Galicia en canto a compromiso social”.

A empresa lembra que desde a súa concepción, o proxecto Mina Doade “situou á comunidade local no centro da estratexia, que inclúe a realización dun extenso proceso participativo de consultas e unha investigación científica rigorosa sobre a percepción social da contorna. Este esforzo traduciuse en 46 entrevistas en profundidade a actores crave e 519 enquisas, que abarcaron os municipios de Beariz, Avión, Forcarei, A Lama e Cerdedo-Cotobade”. Un traballo de investigación que deu lugar a un Estudo de Avaliación de Impacto Social Económico (EISE) que inclúe unha proposta de 26 medidas sociais, documento nov que se incluíu na documentación de solicitude de pase a concesión de explotación, no mes de xaneiro do ano actual.

Mina Doade “iniciou en 2022 unha estratexia de enfoque aberto e transparente coa comunidade, apostando por unha comunicación aberta co público, do mesmo xeito que a resolución de calquera dúbida ou conflito sobre o proxecto. Deste xeito, antes de que fose legalmente esixible un estudo de impacto socioeconómico da súa actividade xa contaba coa información necesaria para a elaboración do mesmo”, apuntan dende a promotora da mina.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

E de xeito parello ao comezo da tramitación administrativa do proxecto, a empresa activou “unha política de transparencia sen precedentes: toda a documentación oficial da solicitude de concesión de explotación, máis de 8.900 páxinas, está publicada e posta ao dispor da cidadanía nunha web específica, permitindo a calquera persoa consultar, descargar e avaliar a información”, actuación que, aseguran, realizaron de xeito voluntario antes do período administrativo de exposición pública e que aínda segue activa.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------