Cine Club proxecta este venres a película francesa “Cando cae o outono” no Auditorio do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Este venres, 24 de outubro, Cine Club Carballiño proxecta a película francesa “Cando cae o outono”, de François Ozon, unha mistura de drama e intriga centrada no mundo da vellez, con unhas boas doses de humor negro.

O argumenta conta que Michelle é unha avoa enérxica que pasa a súa xubilación nun pobo na campiña francesa, onde tamén reside Marie-Claude, a súa mellor amiga. Emocionada pola visita da súa filla Valérie e o seu neto Lucas, coa idea de deixarlle ao pequeno durante as vacacións escolares, Michelle cocíñalles unhas setas silvestres que resultan ser tóxicas. Todo o que acontece despois semella froito do infortunio, pero a sombra da dúbida crece cando coñece ao fillo de Marie-Claude, que acaba de saír do cárcere.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O filme gañou o premio do Xurado ao Mellor guión no Festival de San Sebastián, e conta con unhas magníficas interpretacións. Os pases serán coma sempre ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22,30 horas en VOS, no Auditorio Manuel María do Carballiño. 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------