O Concello do Carballiño vén de convocar as subvencións nominativas destinadas á asociacións e institucións culturais para a realización de actividades socioculturais durante o ano 2025. O orzamento municipal contempla un total de 7.000 euros para estas axudas, que buscan apoiar o tecido cultural do Carballiño e impulsar as novas iniciativas que se levan a cabo no municipio.
As entidades interesadas poderán inscribirse na convocatoria ata o próximo 9 de novembro. “Poderán optar as asociacións e institucións culturais legalmente constituídas, sen ánimo de lucro, con domicilio social no Carballiño e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións cunha antigüidade mínima de seis meses”, detalla o concelleiro de Cultura, Diego Fernández.
OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



A subvención máxima por beneficiario será, tal e como indican as bases, de 3.000 euros. As axudas serán compatibles con outras para o mesmo fin, sempre que o importe total das subvencións non supere o 100% do investimento previsto para o desenvolvemento das actividades.