Ourense acolle unhas xornadas para reivindicar as potencialidades dos concellos rurais do Estado

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu hoxe a presentación do encontro “Acuerdo Rural, liderando la transición desde los municipios rurales”, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Carballeda de Avia, en colaboración coa Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), a Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e o Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico.

No acto interviron o alcalde de Carballeda de Avia, Luis Milia Méndez; Inés Santé, profesora e investigadora do Departamento de Enxeñería Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela, e Juan Carlos Pérez, CEO de Aldealista. Luis Milia lembrou que nas reunións da FEMP prácticamente “só se falaba de concellos grandes e das cidades e non dos concellos de menos de 10.000 habitantes, que somos os que temos problemas de envellecemento, perda de poboación e soidade da veciñanza, e por elo estas xornadas están centradas en falar desta problemática e a ver se somos capaces ao final de ter uns criterios comúns para toda España e poñelos a disposición daqueles concellos que presenten proxectos para atraer poboación”. Milia avanzou que, “por vez primeira, a comisión executiva da FEMP celebrará unha xuntanza fóra da súa sede de Madrid”, concretamente será o vindeiro xoves na propia localidade de Carballeda de Avia ás 11.00 hs., como homenaxe aos pequenos concellos rurais.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Pola súa banda, Inés Santé indicou que “o obxectivo destas xornadas é precisamente lembrar o papel esencial das vilas e dos pobos do medio rural no benestar non só da poboación rural senón tamén da sociedade en xeral”. “Os grandes retos que afrontamos como sociedade, como pode ser a transición ecolóxica e enerxética ou o reto demográfico pasan necesariamente polo medio rural, onde se atopan os recursos para a seguridade alimentaria, as enerxías renovables e o ecosistema necesario para evitar o cambio climático”, engadíu.

Juan Carlos Pérez apuntou que “queremos lanzar unha mensaxe dende Ourense: os pobos non son pasado, son futuro, o rural é un lugar para vivir e traballar, para vivir máis e mellor”, de xeito que “o obxectivo non é restaurar pobos, é restaurar vidas”.

Así, máis que un programa de visitas e debates, o Acordo Rural será un espazo de encontro entre expertos, axentes rurais, representantes institucionais e iniciativas de referencia de España e Europa. O obxectivo é consensuar unha visión común para abordar os grandes retos e oportunidades dos concellos rurais e acordar as directrices xerais que guíen a acción coordinada das administracións públicas a curto e medio prazo.

O programa de actividades continuou coa exposición ‘Casos de éxito’, con representación de Ostana (Italia) | Alan Crapanzano, Viso a Viso
Cooperativa di Comunità; Quintadona (Portugal) | Belmiro Barbosa, presidente de CASAXINÉ, Associação para a Promoção e Desenvolvimento Cultural de Quintandona; Kuartango (País Vasco) | Miren Meabe, alcaldesa de Kuartang, e Esplús (Aragón) | Tania Solans, alcaldesa de Esplús.

Xa pola tarde, levouse a cabo unha visita a aldea modelo de Muimenta, en Carballeda de Avia, baixo o epígrafe ‘Vivenda rehabilitada, espaco común, historia viva’, coas explicacións de Miguel Ángel Díaz de Eduardo Carlos Dipre, de Base Architecture, e Manuel Rodríguez, director de la Fundación RIA.

Esta primeira xornada concluíu cunha mesa-debate sobre “Un lugar para vivir: vivenda, rehabilitación e ordenación do territorio”, coa participación de Rita Gasalla, Observatorio de Arquitectura Saudable; Enrique Seoane Prado, arquitecto e profesor da Universidade da Coruña, e Luciano Alfaya, decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------