Nova pavimentación na estrada de acceso ao pobo de Alemparte, na parroquia de Loureiro do Irixo

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Irixo promoveu nos últimos días a pavimentación con aglomerado en quente na estrada de acceso ao pobo de Alemparte, na parroquia de Santa Mariña de Loureiro, completando así a mellora integral iniciada semanas atrás coa limpeza do pavimento, acondicionamento dos márxes e mellora das cunetas e drenaxe.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

“Con esta intervención, garantimos unha vía máis segura, máis cómoda e preparada para durar moitos anos, favorecendo a mobilidade e a calidade das comunicacións no noso rural”, apuntan dende o goberno municipal do Irixo.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta actuación supón un investimento total de máis de 60.000 euros, financiado a través do Plan Camiña Rural da Xunta de Galicia, “e ademais de mellorar a calidade de vida dos veciños, tamén contribúe a revalorizar o pobo de Alemparte e o seu entorno, poñendo en valor o noso patrimonio rural”, subliñan dende o Concello.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------