O mozo carballiñés *Jonathan Pérez Díaz, antigo alumno do Centro Educativo Vila do Arenteiro, vén de acadar a medalla de prata na especialidade de Revestimentos de Paneis de Xeso no campionato autonómico Galicia Skills 2025, celebrado esta semana.
Na actualidade, Jonathan continúa a súa formación no CIFP A Farixa de Ourense, onde cursa o Ciclo de Obras de Interior, Decoración e Rehabilitación, destacando polo seu talento e dedicación no ámbito das obras de interior.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



As Galicia Skills son o principal escaparate do talento do alumnado da Formación Profesional en Galicia, nas que se premia a excelencia, a precisión e a creatividade en múltiples especialidades técnicas. O logro de Jonathan é unha mostra do potencial e da calidade da formación profesional galega, así como da capacidade da mocidade carballiñesa para acadar un alto nivel de especialización e compromiso co seu oficio
 
			 
		 
 

 
 
 
















