O Concello do Irixo organiza para o vindeiro sábado, 8 de novembro, unha festa popular de magosto, que terá lugar no pavillón polideportivo municipal a partir das 14,00 horas e que será precedida dunha ‘sesión vermú’ a cargo dun dúo musical.
O menú do xantar estará integrado por empanada, chourizos, panceta, castañas e postres variados, acompañado todo elo con viño, auga e refrescos, e chocolate, café e choupiños como remate final, nun ambiente amenizado polo devandito grupo de música.
OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



As persoas interesadas en asistir a este tradicional festexo de outono poden adquirir, ata o día 5 de novembro, as entradas a un prezo de 7€ (os menores de 8 anos poden acudir gratis) na Casa do Concello, Casa Sergio, Casa Gabán e no bar ‘O Cruce’ da localidade do Tellado.
 
			 
		 
 

 
 
 








