Carballeda de Avia informará á veciñanza sobre a recollida selectiva de aceite usado de cociña e residuos textiles

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de Carballeda de Avia vén de poñer en marcha unha campaña de concienciación sobre a necesidade de reducir a cantidade de lixo que se deposita nos colectores de orgánico ao través da selección dos residuos en orixe. Concretamente, trátase de que a veciñanza reciba información sobre o mellor tratamento que se lle pode dar ao aceite de cociña usado e aos refugallos de roupa.

Deste xeito, o Concello convida a veciñas e veciños este vindeiro mércores, 5 de novembro, a participar en sendas charlas divulgativas que terán lugar na Alameda da localidade en dúas carpas informativas, de 10,30 a 13,30 horas.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Na primeira carpa, informarase á veciñanza sobre o proxecto de implantación da recollida separada da fracción de residuos textís no municipio, e, na outra, sobre o proxecto para a recollida selectiva de aceites usados de cociña.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------