O polideportivo de Cea acolle este sábado un magosto popular amenizado con música en directo

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de San Cristovo de Cea programa para o vindeiro sábado, día 8 de novembro, a celebración dun magosto popular, que terá lugar dende as 20,30 horas no pavillón polideportivo da localidade e con dous menús diferenciados, un para adultos e outro infantil, cun prezo único de 12 euros.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

O menú principal estará composto por chourizo asado e pan de Cea, empanada, queique, castañas, viño e augas, mentres o reservado para a cativada terá como ingredientes tortilla de patacas, pizza con masa de pan de Cea, queique, castañas, refrescos e auga. O magosto estará amenizado con música en directo.

As persoas interesadas en asistir poden adquirir os tiquets na Casa do Concello ata o vindeiro xoves, 6 de novembro.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------