O servizo de Emerxencias de Avión estrea unha nova caldeira de biomasa grazas ao Fondo de Cooperación Local

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello de Avión para, xunto ao seu alcalde, Antonio Montero, supervisar o funcionamento da nova caldeira de biomasa que foi substituída por unha gasóleo no posto de emerxencias municipal, grazas a unha achega de preto de 60.000 euros da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ao abeiro do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local

O delegado territorial da Xunta aproveitou a súa estadía nesta localidade para destacar que na resolución da última convocatoria desta orde de axudas, foron beneficiarias 89 entidades en Galicia, das cales 28 son da provincia da Ourense con un importe de máis de 1,5 millóns de euros, co fin de apoiar que os municipios máis pequenos poidan levar a cabo iniciativas que en solitario resultaríalles máis complicado ou non serían posibles.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nesta liña detallou que os concellos ourensás beneficiados foron Allariz, Avión, Bande, Beade, Carballeda de Avia, O Carballiño, Castro Caldelas, Celanova, Coles, Leiro, Lobios, Maside, Melón, Muíños, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, O Pereiro de Aguiar,  A Peroxa, Porqueira, A Rúa, San Amaro, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilariño de Conso e Xinzo de Limia.

Manuel Pardo destacou que o Fondo de Cooperación Local é o instrumento central de colaboración financeira da Xunta de Galicia coas entidades locais. A maiores, e entre outras, establécese esta liña de colaboración, un fondo adicional cunha partida de 5 millóns de euros, dirixido a   concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes para obras de mellora da eficiencia enerxética en edificios de titularidade municipal utilizados para a prestación de servizos ou o exercicio das súas competencias.

O representante do Goberno galego explicou as achegas poden ascender ata os 60.000 euros por municipio, sen que a contía poida exceder o custo da actuación, que debe ser dunha única fase e supoñer a posta en servizo inmediata do proxecto. Ademais tamén recalcou que nos criterios de valoración tense en conta o tipo de investimento, con maior puntuación para a substitución de caldeiras baseadas en combustibles fósiles por outras alimentadas por enerxías renovables ou reformas de cubertas a prol da eficiencia enerxética en infraestruturas de uso deportivo.

A nova caldeira

Manuel Pardo detallou que a actuación consistiu na instalación dun sistema de biomasa de carga automática para reducir as emisións, xa que este  tipo de enerxía é das máis limpas que existen, así como a de aforro en costes, xa que coa biomasa supón un alto aforro na factura ao final de mes, xa que o custe do combustible é moito máis barato que a enerxía convencional.

A nova caldeira alimentarase de modo automático desde un silo téxtil de 4 toneladas de capacidade que se situará na mesma sala de caldeira, o que fai necesario a ampliación do edificio  para albergar os novos equipos: caldeira, silo, depósito, vaso expansión etc.

Tamén se mellorou o illamento de tubaxes na sala de caldeiras para reducir as perdas enerxéticas, e se levou a cabo melloras na regulación coas novas caldeiras que redundarán nunha optimización no control e a eficiencia enerxética da totalidade do sistema.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------