A Deputación mobiliza 90.000 euros para axudar a entidades culturais e sociais, así como para o GDR Limia – Arnoia

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Xunta de Goberno desta semana aprobou unha subvención a favor do GDR Limia-Arnoia para o proxecto Mixturando, por un un importe de 78.000 euros. Tamén se lle conceden 6.000 euros para Asociación Música e Cultura de Galicia e a mesma cantidade para os Padres Mercedarios de Verín

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

Ourense, 3 de novembro de 2025.

A sesión ordinaria semanal da Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar un total de 90.000 euros en diferentes axudas para entidades culturais e sociais, así como para o GDR Limia-Arnoia. Precisamente esta entidade percibirá 78.000 euros para o desenvolvemento do seu proxecto Mixturando.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Para a reparación da igrexa e convento da Nosa Señora da Merced, os Padres Mercedarios de Verín obterán 6.000 euros, mesma cantidade que percibirá a Asociación Música e Cultura de Galicia para gastos de funcionamento desta entidade.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------