O Concello de Castrelo de Miño desmente as afirmacións do BNG sobre o estado do grupo escolar

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de Castrelo de Miño quere desmentir rotundamente as declaracións realizadas polo BNG local en relación á suposta situación de abandono e acumulación de lixo no patio do grupo escolar do municipio.

Na actualidade, o patio e as instalacións do colexio atópanse en perfecto estado de limpeza e mantemento, tal e como poden comprobar diariamente as familias, o profesorado e o alumnado que fan uso do centro.

Desde o Concello considérase inxusto e irresponsable difundir informacións falsas que só buscan xerar alarma entre a veciñanza, especialmente cando se trata dun espazo educativo frecuentado por nenos e nenas.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O grupo de Goberno lembra que a limpeza e o coidado dos espazos públicos é unha prioridade constante, e que o centro educativo recibe mantemento periódico por parte dos servizos municipais. Ademais, nos últimos meses realizáronse diversas melloras nas instalacións, que contribúen a garantir un entorno seguro e saudable para toda a comunidade escolar.

O Concello de Castrelo de Miño reitera o seu compromiso coa transparencia, coa educación pública e co benestar da veciñanza, e lamenta que se empregue un tema tan sensible como o colexio para facer afirmacións carentes de rigor e de base real.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------