Un total de 120 inscritos participarán esta fin de semana na competición de enduro de Piñor

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de Piñor acollerá esta fin de semana a xa tradicional competición de enduro, que está incluída no Campionato de España, e na que participará un total de 120 motociclistas.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

Precisamente hoxe tivo lugar a presentación desta proba, un acto ao que asistiron Beatriz Fernández, xefa territorial de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense; Manuel Pérez, xefe do Servizo de Deportes; Enrique Álvarez, asesor de Política Deportiva da Deputación de Ourense; José Luís González, alcalde de Piñor Javi; Quintas, da organización da proba, ACARD Moto de Campo de Galicia,  e o piloto galego Yago Martinez.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A proba desenvolverase o vindeiro venres, día 8, e sábado, día 9, con catro e tres voltas, respectivamente, ao percorrido marcado pola organización. En cada unha das voltas terán que pasar por tres tramos especiais, que teñen unhas características perfectas para o enduro, como son zonas de monte, prado, carballeiras e pedras.

Despois das choivas caídas, o ‘Enduro de Piñor’ será unha proba moi física que fará que os pilotos desfruten sufrindo, e para o público será unha carreira moi fácil de seguir por ter as especiais nun radio de 4 km, sendo o centro de todo o lugar de Arenteiro.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------