Josep García foi o máis rápido na 5ª proba do Campionato de España de Enduro, celebrada no circuíto de Piñor

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

https://www.facebook.com/share/v/17YETE3gah

A quinta proba do Campionato de España de Enduro 2025, que se desenvolveu esta fin de semana con 120 participantes inscritos no circuíto do municipio de Piñor, tivo onte como gañador a Josep García, actual campión do mundo, cun tempo de 1.24.52.260, por diante de Antoine Magain, a 47.880 segundos, e dun sorprendente Yago Martínez Nogueira, o piloto galego, que subíu ao podio por vez primeira neste Nacional, a 1.32.150 minutos do líder.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

A competición arrancou este sábado máis tarde do previsto, ás 10,30 horas, debido a espesa néboa, con catro voltas que se cobraron varias caídas debido á lama deixada polas últimas choivas, de xeito que os pilotos Bernat Cortés, Jordi Quer e Miquel Chope víronse forzados a abandoar por lesión.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Na categoría júnior 125cc 2T, Nil Rojas Viñas (Beta Trueba) levouse a vitoria, co seu compañeiro de equipo Ramón Godino Gómez (Beta Trueba), e Pol Guerrero (KTM) completando o podio. Na feminina só estaban inscritas dúas participantes, sendo María San Miguel a gañadora cunn 1m31s de avantaxe sobre Mireia Rabionet.

O alcalde de Piñor, José Luis González, amosaba a súa satisfacción “polo impacto económico que supón esta competición para o municipio tanto a nivel de restaurantes coma dos aloxamentos nas casas rurais do municipio”. Pola súa banda, Javier Quintas, director deportivo, salientou o feito da presenza de Josep García, “e non podemos pedir máis, despois de seis anos Piñor acolle o campionato de España, demostrando que é un excelente emprazamento para este tipo de competicións, e proba delo é o éxito que está a acadar ano tas ano”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------