O Concello de Piñor acollía a fin de semana o ‘Enduro de Piñor’, proba puntuable para o campionato de España e a quinta desta tempada. Todo o municipio vestíase de gala para acoller esta proba nacional, e, a parte de gozar do deporte os participantes poideron desfrutar dunhas paraxes e zonas moi recomendables, ademais da gastronomía do interior de Galicia. Así, o mellor enduro mundial e nacional chegaba á comarca do Arenteiro con moitos participantes desexando dar conta das especiais piñoranas.
Piñor ten experiencia previa na organización de eventos de enduro, acollendo competicións en anos anteriores, o que subliña a súa
idoneidade como sede para un campionato nacional. e sen dúbida nesta proba non defraudaron. Josep García saía a dar o 100% a pesar de confesar que nas últimas semanas non puido adestrar demasiado debido aos diferentes eventos e entrevistas que tivo que atender despois de proclamarse campión do mundo de EnduroGP.
O de KTM optara por tomarse con máis calma as especiais, despois de irse un par de veces ao chan viu como Magain achegábaselle
perigosamente o que lle obrigou a subir o ritmo para facerse coas vitorias Scratch e E1. Despois de perderse o podio do sabado , Sergio Navarro quitouse a espinita e facíase coa terceira posición Scratch do domingo e ademais de con outra vitoria en E2. O andaluz viña de recuperarse dunha lesión no nariz e isto acusou un pouco a falta de moto na súa recuperación.
A cuarta posición scratch e a segunda en E1 foron para Yago Martínez que volveu a asinar outra gran xornada en Galicia. O do WP Èric Augé deixa a quinta proba do Nacional demostrando que, aos poucos, está a recortar distancias respecto a os de arriba. Separados por escasos
oito segundos acabaron Jaume Betriu e Marc Sans, quinto e sexto absolutos e segundo e terceiro de E3 respectivamente.
En Júnior Open, Yago Domínguez levouse unha cómoda vitoria por diante do seu compañeiro de marca Jordi Galera, con Alfredo Pellicer terceiro. O ata o de agora líder do campionato Liam San Juan tivo que abandonar por problemas mecánicos.Nil Vermellas foi o máis rápido na apertada categoría de Júnior 125 con Pol Guerrero e Ramón Godino completando o podio. En Feminino María San Miguel volveu a ser a máis rápida con Mireia Rabionet acabando a 1m21s.
CLASIFICACIÓNS FINAIS DO ENDURO DE PIÑOR/CAMPIONATO DE ESPAÑA
1º Día (Sábado 8)
SCRATCH
Posición Piloto (Moto)
1º Josep García (KTM)
2º Antoine Magain (Sherco)
3º Yago Martínez (KTM)
E1
Posición Piloto (Moto)
1ºJosep García (KTM)
2º Yago Martínez (KTM)
3º Alex Puey (Rieju)
2º Día (Domingo 9)
SCRATCH
Posición Piloto (Moto)
1ºJosep García (KTM)
2º Antoine Magain (Sherco)
3º Sergio Navarro (Husqvarna)
E1
Posición Piloto (Moto)
1ºJosep García (KTM)
2º Yago Martínez (KTM)
3º Alex Puey (Rieju)
















