Título: A Asociación ‘Tradicións e Buscas’ e Fera Pepa Loba organizan o Magosto en Flores*
FLORES, Novembro de 2025 – O barrio de Flores prepárase para celebrar unha nova edición do seu tradicional Magosto, unha festa de raíces profundas que homenaxea as tradicións outonais. O evento, que promete unha velada chea de sabor, música e ambiente festivo, terá lugar o venres 14 de novembro de 2025 ás 20:00 horas.
Os asistentes poderán gozar dunha degustación típica que incluirá chourizo, touciño entrefebrado, pan, viño e, como non podía ser doutra maneira, castañas asadas. Para adozar a noite, tamén se ofrecerá bica e chocolatada.
A atmosfera estará animada con música tradicional e contará cun mercadillo onde os visitantes poderán atopar diversos produtos e artigos.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A organización deste magosto corre a cargo da Asociación Tradicións e Buscas en colaboración con Feira Pepa Loba, colectivos que traballan para manter e promocionar a cultura e os costumes populares da zona.
Espérase unha gran afluencia de público nunha noite dedicada ao encontro, a boa comida e a celebración da identidade cultural.
















