O Concello de Boborás lembra que continúa activa a Campaña de Compostaxe Doméstica 2025, iniciada hai uns meses en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, co obxectivo de fomentar hábitos sostibles, reducir o impacto ambiental dos residuos e permitir ás familias beneficiarse de bonificacións na taxa do lixo.
Novidades na taxa do lixo
En cumprimento dunha directriz da Unión Europea sobre xestión de residuos e pola adaptación ao novo modelo de tratamento marcado por SOGAMA, a Deputación aprobou a modificación da Ordenanza Fiscal que regula a taxa provincial de recollida do lixo.
Durante o exercicio 2025, o cobro da taxa realizouse de forma trimestral, mais a partir do exercicio 2026 o pagamento pasará a facerse nun único recibo anual, cun importe total de 79,95 €, coa posibilidade de solicitar o fraccionamento no caso de que sexa preciso.
Esta actualización busca axustar o prezo aos custos reais do servizo e adaptarse ás novas obrigas ambientais.
Bonificacións dispoñibles
1. Tarifa reducida 1 → 55,95 €/ano (30% de desconto)
Por realizar compostaxe doméstica.
2. Tarifa reducida 2 → 71,94 €/ano (10% de desconto)
Por usar o punto limpo en polo menos 3 ocasións ao ano, presentando o comprobante de entrega do residuo.
3. Tarifa reducida 3 → 47,96 €/ano (40% de desconto)
Por realizar compostaxe doméstica e usar o punto limpo 3 veces ao ano con comprobante.
Vantaxes da compostaxe doméstica
• Obter abono natural de alta calidade para horta ou xardín.
• Reducir residuos e pechar o ciclo da materia orgánica.
• Contribuír á economía circular e á loita contra o cambio climático.
Requisitos para participar
• Ter a primeira residencia en Boborás.
• Non ter participado en campañas anteriores.
• Dispoñer dun mínimo de 50 m² de horta ou xardín.
• Estar presente nas visitas programadas (entrega do composteiro e manual).
Prazo para solicitar a bonificación
Debe presentarse antes de rematar o ano 2025, para que entre en vigor no exercicio 2026.
Como solicitar
• En liña: a través da Sede Electrónica do Concello → Apartado Todos os trámites → Buscar Solicitude de aplicación da taxa provincial de recollida de lixo.
• Descargando o formulario dispoñible na web do Concello e presentándoo directamente na Deputación.
• De forma presencial: acudindo ás Oficinas do Concello, de luns a venres, de 8:00 a 14:30 h, onde o persoal municipal lles asesorará no proceso.
Máis información: 988 402 008
boboras.gal/solicitudes-de-bonificacions-na-taxa-do-lixo-na-deputacion-de-ourense-no-concello-de-boboras/









