O Instituto de Educación Secundaria (IES) Manuel Chamoso Lamas do Carballiño está a levar a cabo este ano un programa de internacionalización do centro, que vén completar os proxectos Erasmus que se veñen desenvolvendo dende hai máis de 15 anos co estudantado de ciclos que decide realizar as súas prácticas de FCT a outro país.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Así, no programa actual contémplase a posibilidade de recibir a grupos de alumnas e alumnos doutras nacionalidades, coma é o caso dos cinco estudantes procedentes de Eslovaquia da rama de comercio internacional (afín á de admnistrativo de aquí) que, dende hoxe e ata o vindeiro venres, 28 de novembro, se atopan no Carballiño acompañados por dúas profesoras. Os alumnos eslovacos e os seus docentes serán obxecto mañá dunha recepción oficlal na Casa do Concello.
O programa que está a plantexar a directiva do IES Chamoso Lamas pretende unha ampliación da mobilidade estudantil a tódalas etapas que posúe este centro de ensino do Carballiño, coma son ESO, Bacharelato ou Educación de Adultos, e que consideran “é un proxecto moi ambicioso e que necesita tempo para levalo a cabo, pero estamos seguros que vai repercutir positivamente no noso alumnado”, apunta Aurelio Rodríguez, director do instituto.

















