O vindeiro domingo, 23 de novembro, o municipio de San Amaro acollerá o ‘XXII Rallye Lentejas-Concello de San Amaro’, unha cita co deporte do motor de vehículos clásicos que organiza a escudería Arenteiro Clásicos do Carballiño, e que reunirá a un total de 40 equipos de diferenes puntos da xeografía galega.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Concretamente, participarán pilotos e copilotos das escuderías Arenteiro, Centollo, EACO, O Toxo, Condado Paradanta e Clásicos Cambre, que se concentrarán nas inmediacións do Café Novo Bardelás ás 9,00 para levar a cabo as verificacións técnicas e administrativas ata ás 10,30 horas, para percorrer o primeiro sector na contorna da residencia xeriátrica.
A carballeira das Neves de Grixoa, A Viriña, San Cibrán-Bar O Cruce, o campo de fútbol de Salamonde, Riobó, San Fiz, Hípica de San Amaro, e a repetición do tramo San Cibrán-Bar O Cruce, constitúe o itinerario previsto pola organización, antes de retornar á praza da igrexa parroquial, onde se instalará o parque pechado ás 14,00 horas.









