Onte domingo, o municipio de San Amaro acolleu o ‘XXII Rallye Lentejas-Concello de San Amaro’, unha cita xa tradicional co deporte do motor de vehículos clásicos que organiza a escudería Arenteiro Clásicos do Carballiño, e que reuíu a un total de 40 equipos de diferentes puntos da xeografía galega.
Concretamente, participaron pilotos e copilotos das escuderías Arenteiro, Centollo, EACO, O Toxo, Condado Paradanta e Clásicos Cambre, que se concentraron nas inmediacións do Café Novo Bardelás ás 9,00 para levar a cabo as verificacións técnicas e administrativas ata ás 10,30 horas, para percorrer o primeiro sector na contorna da residencia xeriátrica.
A carballeira das Neves de Grixoa, A Viriña, San Cibrán-Bar O Cruce, o campo de fútbol de Salamonde, Riobó, San Fiz, Hípica de San Amaro, e a repetición do tramo San Cibrán-Bar O Cruce, constituiron o itinerario de 90 quilómetros previsto pola organización, antes de retornar á praza da igrexa parroquial, onde se instalou o parque pechado ás 14,00 horas. A xornada rematou cun xantar de confraternidade no campo da festa de San Amaro.

En canto os resultados da proba, o equipo integrado por José Manuel Mosquera e José Manuel Ferreiro, con Audi Gt Coupe, da escudería Arenteiro Clásicos, levouse a vitoria nesta competición que xa cumplíu os 22 anos de andaina. O podio foi completado por outros dous equipos da mesma escudería do Carballiño: Daniel Crespo-Diego Bello, con BMW E21, segundos, e José Antonio González-Pablo González, con BMW E21, terceiros.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS








