Cine Club Carballiño traslada ao vindeiro domingo, día 30, as habituais sesións dos venres debido á ocupación do Auditorio Manuel María mañá pola gala dos ‘XIV Premios Arenteira’.
Así, a entidade cinéfila pecha a programacion deste mes de novembro cunha das grandes sorpresas do ano, “Extraño río”, o debut na longametraxe de Jaume Claret, un filme poético e fermoso que deslumbrou no pasado Festival de Venecia.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O argumento conta a historia de Didac, que con 17 anos viaxa en bicicleta polo Danubio coa súa familia. Entre días de calor, un encontro inagardado cambia o rumbo da viaxe: un misterioso rapaz aparece entre as augas do río. A súa presenza enigmática non só esperta algo novo en Didac, senón que tamén empeza a alterar a súa relación coa súa familia.
Os pases de “Extraño río” deste domingo día 30 serán ás 18,00 e ás 20,00 horas en catalán con subtítulos en castelán, coma sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño.

















