Roi Freixedo acada o 4º posto na Copa Presidente de Tiro Olímpico competindo na categoría absoluta

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O xove deportista do Irixo, Roi Freixedo González, conqueríu un merecido diploma ao clasificarse en cuarta posición na Copa Presidente de Tiro Olímpico, desputada esta pasada fin de semana no Centro de Tecnificación Deportiva de Prado Salobre, na comunidade de La Rioja.

Nesta competición, programada para as modalidades de carabina e pistola 20 metros, participaron 12 tiradoras e tiradores, sete de eles de Galicia, entre os que se atopaba Roi Freixedo. A novidade diste ano foi que se celebrou en categoría única, sen distinción de idades, de xeito que a pesares de que o tirador do Irixo está no último ano de xuvenil e en xaneiro pasa a júnior, tivo que competir na categoría absoluta.

Roi Freixedo sumou 563 puntos na fase clasificatoria, conseguindo así o pase á final olímpica, sendo o único tirador clasificado de categoría inferior á sénior. E na final non foi quen de cargarse unha medalla, pero sí logrou un merecido diploma polo cuarto posto. Asemade, este torneo nacional valeulle tamén para sumar outros sete puntos no ranking nacional, o que demostra que, pouco a pouco vaise notando o adestramento recibido no Centro de Alto Rendemento.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------