Localizan nunha montaña de Avión o corpo sen vida de Manuela Conde, a veciña desaparecida o 16 de novembro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Axentes do cuartel da Garda Civil de Beariz localizaron este mediodía o corpo sen vida de Manuela Conde Cid, a veciña de Rubillón (Avión) que desaparecera o pasado 16 de novembro. O achádego tivo lugar nunha paraxe montañosa situada na contorna da localidade de Acevedo, no mesmo municipio onde residía esta muller.

Os servizos de emerxencia alertaban na tarde dese domingo de novembro da desaparición de Manuela Conde, de 73 anos, oriunda do concello de Piñor aínda que habitante de Rubillón, e dende ese mesmo intre puxéronse en marcha diversos operativos dos corpos e forzas de seguridade do Estado, equipos de emerxencias e voluntarios para efectuar os rastrexos nas proximidades de Rubillón, que non tiveron éxito ata o día de hoxe.

Dado que esta muller padecía de alzheimer, todo apunta a que sufrira un intre de desorientación que a levou a camiñar cara a zona montañosa onde finalmente foi atopado o seu cadáver. 

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------