Localizan nunha montaña de Avión o corpo sen vida de Manuela Conde, a veciña desaparecida o 16 de novembro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Axentes do cuartel da Garda Civil de Beariz localizaron este mediodía o corpo sen vida de Manuela Conde Cid, a veciña de Rubillón (Avión) que desaparecera o pasado 16 de novembro. Foi o propio fillo da muller quen deu aviso á Garda Civil cando a atopou nunha paraxe montañosa situada na contorna da localidade de Acevedo, no mesmo municipio onde residía esta muller.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os servizos de emerxencia alertaban na tarde dese domingo de novembro da desaparición de Manuela Conde, de 73 anos, oriunda do concello de Piñor aínda que habitante de Rubillón, e dende ese mesmo intre puxéronse en marcha diversos operativos dos corpos e forzas de seguridade do Estado, equipos de emerxencias e voluntarios para efectuar os rastrexos nas proximidades de Rubillón, que non tiveron éxito ata o día de hoxe.

Dado que esta muller padecía de alzheimer, todo apunta a que sufrira un intre de desorientación que a levou a camiñar cara a zona montañosa onde finalmente foi atopado o seu cadáver. 


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------