No concello de Piñor: convocatoria da poxa para o alleamento dun ben non utilizable

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

CONCELLO DE PIÑOR
Resolución da Alcaldía n.º 2025-0396 do 21.11.2025 do Concello de Piñor pola que se convoca
a poxa para o alleamento dun ben non utilizable.
De conformidade coa Resolución da Alcaldía do 21.11.2025, por medio deste anuncio efectúase
a convocatoria da poxa para o alleamento dos equipos de lavandería non utilizados, conforme aos
seguintes datos:

  1. Descrición do ben ou dereito, ou do lote de bens obxecto de venda:
  • Secador rotativo Girbau Standard Eléctrica 380III
  • Lavacentrifuga Girbau HS-6008 LC Eléctrica
  • Calandra Girbau Mod. PS-3215 Eléctrica
  • Mesa de Repaso Girbau ASP+CAL. Eléctrica
  1. O prazo para a presentación de ofertas será de 5 días hábiles desde o día seguinte ao da
    publicación no Boletín Oficial da Provincia do presente anuncio.
    Presentación electrónica: a presentación das ofertas realizarase a través da sede electrónica do
    Concello https://pinor.sedelectronica.gal.
    Presentación física:
    a. Dependencia: oficina do Rexistro do Concello de Piñor
    b. Domicilio: lugar Piñor. s/n
    c. Código postal: 32137

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


  1. A realización da poxa terá lugar o día 12.01.2026 ás 10.00 horas en Salón de Actos do Concello
    de Piñor.
  2. A valoración das proposicións será a oferta economicamente máis vantaxosa.
  3. O prego de condicións particulares atópase ao dispor dos interesados nas dependencias do
    Concello de Piñor e na súa sede electrónica [dirección https://pinor.sedelectronica.gal.
    Piñor, na data da sinatura electrónica. O alcalde.
    Asdo.: José Luis González Rodríguez.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------