Este domingo (día 14), no Campo de Fútbol de Outeiro Grande: inauguración de melloras no campo e partido entre o Maside e o Nogueira

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Infórmase a toda a comunidade que o domingo 14 de decembro, o Campo de Fútbol de Outeiro Grande será o escenario dun evento dobremente importante.

En primeiro lugar, procederase á inauguración oficial das melloras realizadas nas instalacións, que inclúen:

  • A instalación de novo céspede no terreo de xogo.
  • A renovación completa do sistema de iluminación.
  • A construción de novos vestiarios para equipos e árbitros.

Estas obras, levadas a cabo polo Concello de Maside, teñen como obxectivo dotar á nosa localidade dunhas instalacións deportivas modernas, seguras e de calidade para o goce de todos os veciños e clubs.

A continuación, e como colofón a este acto inaugural, disputarase un encontro correspondente á Liga Provincial Autonómica:

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

MASIDE F.C. vs. NOGUEIRA*

O partido dará comezo ás 17:00 horas.

O conc ello de Maside e a directiva do Maside F.C. convida a todos os veciños e veciñas de Maside e aos afeccionados ao fútbol en xeral a acompañarnos neste día especial para celebrar a mellora das nosas instalacións deportivas e a animar ao noso equipo local, o Maside F.C.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------