Finalización das obras do novo aparcamento no Mosteiro de San Clodio (Leiro)

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de Leiro informa da finalización das obras para a construción dun novo aparcamento na zona do Mosteiro de San Clodio.

Esta nova infraestrutura, que consta de 25 prazas de estacionamento, foi financiada pola Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia. Prevese que entre en servizo e estea plenamente operativo en breve, unha vez complétense os últimos trámites administrativos e de sinalización.

A posta en marcha deste aparcamento responde a unha necesidade perentoria na zona. A crecente afluencia de visitantes tanto ao Mosteiro de San Clodio, monumento de gran valor histórico, como ao establecemento hostaleiro Eurostars Monumento Mosteiro de San Clodio Hotel, facía que as prazas de aparcamento existentes resultasen claramente insuficientes para cubrir a demanda, especialmente en tempada alta e fins de semana.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Con esta actuación, búscase:

Mellorar a experiencia do visitante ao eliminar os problemas de estacionamento.

Ordenar e desconxestionar o tráfico nos arredores do conxunto monumental.

Potenciar o atractivo turístico da zona, facilitando o acceso a un dos seus principais recursos patrimoniais.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------