O campo de fútbol de Maside xa conta cunha instalación de céspede artificial e nova iluminación

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu hoxe ao partido de fútbol Maside-Nogueira de Ramuín (encontro da liga 1ª Galicia Futgal), onde puxo en valor as recentes obras do campo de Outeiro Grande, cunha instalación de céspede artificial e unha iluminación renovada, grazas ao investimento de 250.000 euros, aportada pola institución provincial e a Xunta de Galicia.

Menor asegurou que o céspede, xunto a reforma de vestiarios, “vai marcar un antes e un despois” para o que no seu momento foi un dos primeiros campos da provincia en ser de herba artificial, o de Maside. O presidente provincial estivo acompañado polo alcalde do municipio de Maside, José Manuel Iglesias, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.

O campo de Outeiro Grande rexistrou unha excelente afluencia, e os asistentes tiveron a oportunidade de degustar os cócteles de froitas que preparou Ana Rodríguez, da tenda ‘Amoras’, que animou ao público a facerse socio do club de fútbol de Maside.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Deputación ten unha liña de actuación estratéxica para a mellora de campos de fútbol municipais en toda a provincia, así como en xeral un firme e decidido compromiso coa modernización de todo tipo de instalacións deportivas. Así, ten un plan de investimentos que supera os 3,6 M€, procurando tecer unha rede de infraestruturas deportivas actualizadas, seguras e axeitadas financiando, por exemplo, a colocación de céspede artificial, melloras nos vestiarios, gradas ou iluminación.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------