Unha das citas senlleiras desta época navideña en Ribadavia é o Belén artesanal que cada ano elabora Julio Dabarca, veciño da parroquia de Francelos, e que pode visitarse na Igrexa de Santiago ata o Día de Reis. Unha escenificación con 117 figuras que ocupa una superficie superior aos 20 metros cadrados e que, ademais do nacemento do Neno Xesús no Portal de Belén, inclúe escenas da historia e vida cotiá da vila e da comarca do Ribeiro.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O propio Julio Dabarca, que aprendeu a tallar a madeira dende cativo, comentounos a incorporación este ano dun total de 16 figuras novas, entre as que se poden salientar as Irmáns Touza, a procesión da Virxe do Portal cos seus porteadores, a comparsa de As Lajartas do Entrokido ou as xa famosas luces da iluminación artística do concurso de Ferrero Rocher que gañou a vila do Avia o ano pasado.

O Belén de Julio Dabarca, unha auténtica xoia da artesanía popular, xa forma parte esencial da programación de Nadal do Concello de Ribadavia, e pode visitarse na Igrexa de Santiago ata o 6 de xaneiro, en horario de 11,00 a 13,00 horas e de 17,00 a 19,00 horas.
















