Os produtos artesáns da comarca triunfaron unha vez máis no ‘Mercado de Nadal de Maside’

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Alameda de Maside acolleu onte unha nova edición do ‘Mercado de Nadal’, unha aposta do Concello de Maside para a exposición, difusión e venda dos produtos de artesanía que a veciñanza dos municipios da comarca elabora ao longo de todo o ano e que nestas datas tan sinaladas supoñen unha boa oportunidade para os agasallos.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Dende mel e doces artesáns ata complementos textís e de menaxe configuraron o escaparate navideño deste mercadiño que cada ano atrae a centos de visitantes para admirar e mercar deseños saídos das mas das veciñas e veciños de Maside, San Amaro ou O Carballiño, e que integran unha tradición comercial xa consolidada do Nadal.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------