Luis Menor destaca ás Copas Deputación como “un dos grandes sinais de identidade do deporte ourensán” e o trofeo provincial máis antigo en Galicia

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O presidente da Deputación de Ourense asistiu hoxe, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, ao sorte do 45º Campionato de Copa Deputación de Ourense “Miguel Ángel” para a tempada 2025/2026, sendo a Copa Deputación máis lonxeva de Galicia

A Copa Deputación de Fútbol chegará nesta tempada a 45 concellos e será disputada por un total de 78 clubs con 336 equipos participantes nas súas diferentes categorías

Ourense, 12 de xaneiro de 2026.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu esta tarde o sorteo do 45º Campionato de Copa Deputación de Ourense “Miguel Ángel” para a tempada 2025/2026 que, por segunda vez na historia, se leva a cabo nas instalacións da Deputación, patrocinadora principal deste proxecto que é un dos máis participativos de toda Galicia.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O presidente da Deputación, Luis Menor, asistiu hoxe a este sorteo das categorías fútbol 11, fútbol 8 e fútbol sala, xunto ao vicepresidente da RFGF, José Manuel Fernández; e ao delegado territorial en Ourense da RFGF, Raúl Rois.

Na súa intervención, o presidente da Deputación lembrou a aposta firme desta institución a prol do deporte base e federado que se demostra en numerosas iniciativas onde “as Copas Deputación son un dos grandes sinais de identidade do deporte ourensán, ademais do trofeo provincial más antigo en Galicia”.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Neste sentido, Luis Menor agracedeu o traballo “minucioso e innovador” que ano tras ano fan desde a Federación para intentar que cada vez, sexa un evento máis atractivo, algo difícil de lograr despois de tantos anos, pero que, sen dúbida é “a gran festa do fútbol provincial con apaixonantes duelos entre equipos históricos ourensáns”.

Ata o momento disputáronse 44 edicións, mostra dese arraigo que ten na provincia, sendo a súa vez Copa Deputación máis lonxeva de Galicia. Durante os 10 meses que dura a competición, non existe na provincia un evento futbolístico que supere, en repercusión e seguimento, a Copa Deputación Ourense.

Datos

A Copa Deputación de Fútbol chegará nesta tempada a 45 concellos e será disputada por un total de 78 clubs con 336 equipos participantes nas súas diferentes categorías. En total, serán 7.400 os deportistas que disputarán as 11 copas de fútbol nas distintas categorías.

En canto á Copa Deputación Futsal chegará a 27 concellos da provincia sendo disputada por 184 equipos de 45 clubs, cun total de 2.335 deportistas implicados nas 8 copas nas diferentes categorías.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------