Leiro (Ourense), 14 de xaneiro de 2026.- O alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, reuniuse co conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, para abordar cuestións vencelladas con estas áreas que resultan de especial relevancia para o concello. En concreto, afondaron nas melloras de infraestruturas culturais e tamén analizaron as vantaxes que a adaptación da Lei do Patrimonio Cultural permitirá a este municipio ourensán, así como aos do resto da Comunidade, para axilizar trámites e garantir unha protección máis eficaz dos bens patrimoniais.
Neste senso, o rexedor ourensán considerou frutífero este encontro, para o que se desprazou a Santiago de Compostela, xa que puido coñecer máis polo miúdo e de primeira man as modificacións previstas na Lei de acompañamento dos Orzamentos para a Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia permitirán reducir os tempos de espera, tanto por parte da cidadanía como das institucións, co obxectivo de que o coidado do patrimonio non supoña un impedimento para o desenvolvemento de proxectos vitais ou profesionais. De igual xeito, tamén puxo en valor as posibles colaboracións coa consellería en materia de programación e infraestruturas culturais e que foron analizadas na reunión.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS









