O vindeiro martes, día 20, remata o prazo para canxear os bonos de desconto para mercar no comercio do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O prazo límite para poder utilizar os bonos de desconto da campaña de Nadal ‘O Carballiño Contigo!’ remata o vindeiro martes, 20 de xaneito, según veñen de lembrar dende o Centro Comercial Aberto (CCA) do Carballiño. “Estes son os últimos días para canxear os bonos, non deixes de aproveitar esta oportunidade para apoiar o comercio local, achégate aos establecementos adheridos á campaña e goza das túas compras antes de que remate o prazo”, lembra Noelia Mares, xerente da entidade comercial.

A Área de Comercio e Emprego do Concello do Carballiño activou o pasado 18 de decembro estes bonos de desconto, orientados a incentivar as compras de Nadal nos establecementos da vila e que supuxeron un investimento de 20.000 euros, coa emisión dun total de 1.000 bonos, de 50 euros cada un, dos que 30 debían ser aportados polo propio usuario.

A resposta ante esta convocatoria foi moi satisfactoria, xa que o mesmo 24 de decembro, Día de Noiteboa, a totalidade dos bonos xa fora descargado pola veciñanza interesada en participar nesta oferta de descontos no comercio local.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Según as valoracións do propio CCA, este tipo de campañas otorgan un meirande poder de compra e maís satisfacción para os clientes e supoñen un maior fluxo de vendas para os comerciantes, ademais de fortalecer a fidelización da clientela da comarca do Carballiño.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------