Carballeda de Avia celebrará o Entroido cun desfile de comparsas, concurso de disfraces e unha gran festa

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O municipio de Carballeda de Avia prepara a súa celebración do Entroido fixando o martes 17 de febreiro como data central do programa de actividades, incentivando dende o Concello que a veciñanza se disfrace con axudas económicas para disfraces individuais, parellas e comparsas.

Así, para o Martes de Entroido está previsto un gran desfile de persoas e agrupacións disfrazadas, que partirá ás 16,30 horas dende a Biblioteca Municipal para chegar ata a Alameda, onde terá lugar ao remate unha animada festa con música e baile para tódolos públicos.

Concederanse axudas de 5 euros por participante ata un máximo de 150 euros para as comparsas, que deberán ter un mínimo de 10 compoñentes, ademais de 100 euros máis se leva carroza e 50 euros con música, ata un máximo de 250 euros por agrupación. Ademais, haberá un concurso de disfraces, con premios en cheques regalo de 50 euros para os cativos, mentres que para os adultos premiaránse con 50 euros para os individuais e 100 euros para as parellas.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

E, coma sempre, a organización servirá chocolate quente e orellas para tódolos asistentes a este festexo do Entroido. As inscricións deberán facerse ata o venres 13 de febreiro nos teléfonos 636.470.167 ou 988.487.000, e as persoas interesedas poden consultar información na dirección web www.carballedadeavia.com/6406-2/.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------