Roi Freixedo, o xove deportista do Irixo, medalla de ouro na Copa Federación de Tiro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O xove deportista do Irixo Roi Freixedo acadou a medalla de ouro na Copa Federación de Tiro, celebrada esta pasada fin de semana na galería do Centro de Tecnificación Deportiva de Prado Salobre, en La Rioja. Esta era a primeira competición da tempada 2026 do calendario nacional e contou con preto de 200 tiradoras e tiradores de pistola e carabina.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O torneo constaba de dúas fases puntuables para a clasificación e o acceso ao podio conseguíase coa mellor puntuación dunha fase, iniciándose o programa o venres, día 30, coas tiradas de adestramento e, o sábado 31, desputábase a primeira fase, quedando para onte, domingo 1 de febreiro, a segunda.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ata este campionato desprazouse Roi Freixedo, nado no Irixo en 2007, dende o Centro de Alto Rendemento (CAR) de Barcelona, onde se atopa becado polo Centro Superior de Deportes (CSD) a instancias da Real Federación de Tiro Olímpico.

Roi Freixedo clasificábase o sábado na primeira posición da súa categoría, júnior masculino, con 562 puntos e once 10 interiores, e, na segunda fase do domingo repetía o primeiro posto con 563 puntos e catorce 10 interiores, facéndose deste xeito coa medalla de ouro da Copa Federación. Un metal que viaxou cara Ourense, mentres a prata e o bronce foron para Asturias e Madrid, respectivamente.

Por outra banda, a tiradora Ana López, de Sarria (Lugo) colgouse tamén a medalla de ouro na categoría de mulleres, e Nicolás Fraga (Lugo) conquería a prata en sénior.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------