O vindeiro sábado, 14 de febreiro, a Libraría Escolma acolle, ás 12,00 horas, a presentación do libro “Las amigas del espejo”, un conto do que é autor Alejandro López Álvarez, que estará acompañado no acto polas súas propias fillas, nenas protagonistas da historia.
Según comenta o propio Álex López, “este conto comezou como un agasallo para as miñas fillas, un conto no que elas foran as protagonistas … e acabou con él publicado!”. E engade que “o obxectivo estaba máis que cumprido só co feito de escribilo, xa que o proceso foi terapéutico para min nun momento persoal e anímico malo, e confirmou a idea de que as cousas nas que nos sentimos cómodos, seguros, e ademais nos fan sentir ben … son as que nunca debemos deixar de facer … no meu caso, escribir”.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
“Neste conto quería transmitir sobre todo a idea de que os nenos/as deben mirar no seu interior, aprender a quererse e valorarse e ter seguridade en que non valen menos que ninguén, sendo todo isto o camiño para un único fin, a felicidade, que é polo que deberíamos loitar todos. É o único comezo válido para todo o demais”, conclúe Álex López.
















