O BNG de Amoeiro acusa á Fundación Otero Pedrayo de trato discriminatorio

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Marcos Blanco: “Non é aceptable que se expulse ao BNG e se promocione ao PP”

Amoeiro, 9 de febrero de 2026. O BNG de Amoeiro, a través do seu responsable local Marcos Blanco, denunciou a diferenza de trato que a Fundación Otero Pedrayo mantén cara ás actividades do BNG fronte ás do Partido Popular.

 Blanco lembrou que, en outubro pasado, a fundación prohibiu a realización dun acto do BNG centrado na vida e obra de Castelao, alegando motivos de pluralismo e neutralidade política.

Porén, segundo sinala o responsábel local, a mesma institución recibiu a varios deputados e a un concelleiro do PP para unha visita que foi publicitada pola propia formación conservadora. Para Blanco, isto supón “un claro acto de apropiación dunha figura insigne do nacionalismo galego por parte do Partido Popular”, e evidencia unha flagrante diferenza de trato entre as formacións políticas.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O BNG de Amoeiro esixe aos responsables da Fundación Otero Pedrayo que aclaren de maneira transparente cales son os criterios utilizados para permitir ou denegar actividades nas súas instalacións, e lamenta que se expulse a uns e se promocione a outros. Marcos Blanco engadiu que “este comportamento constitúe unha falta de respecto á figura de Don Ramón e ao seu legado”

Desde o BNG de Amoeiro avisan que vixiarán futuras actividades na Fundación e reiteran a súa petición de igualdade de trato.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------