O deportista Roi Freixedo, do Irixo, gaña a medalla de bronce na Copa do Rei de tiro olímpico

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Roi Freixedo, o xove deportista do Irixo, vén de facerse coa medalla de bronce, en categoría júnior, na Copa do Rei de tiro olímpico celebrada esta pasada fin de semana en Murcia. A competición desenvolveuse nas modalidades de pistola e carabina 10 metros, unha cita na que participaron preto de 250 tiradores de todo o Estado.

O torneo iniciouse o venres, día 13, cos disparos de adestramento, mentres o sábado 14 e onte, domingo, día 15, tiveron lugar a primeira e a segunda fase, respectivamente, de xeito que a Copa adxudicábaselle á mellor puntuación das dúas tiradas.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Na primeira fase, Roi Freixedo quedou na terceira posición. O domingo, na segunda fase, recuncou ata a segunda posición. Pese a iso, non lle foi posible colgarse a prata xa que houbo un empate a puntos e desfíxose co maior número de deces interiores, o que relevou ao tirador do Irixo ao bronce n categoría júnior. O ouro foi parar a Madrid e a prata a Asturias.

A actividade académica de Roi Freixedo obrigouno a marchar antes da entrega de medallas, para coller o tren para voltar ao Centro de Alto Rendemento (CAR) de Barcelona e co obxectivo de retomar as súas clases na universidade, e, a maiores, continuar cos seus adestramentos.

En total foron dúas medallas as que se viñeron para Galicia, xa que, a que foi subcampiona de España na modalidade de parellas mixtas xunto con Roi, a sarriana Ana López Gallego colgouse a prata en donas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------