O Concello do Carballiño, a través da Concellería de Educación, festexa o Día de Rosalía con “Dende Rosalía”, unha peza teatral para todos os públicos centrada nas principais autoras da Literatura galega. A obra, da compañía A Xanela do Maxín, propón un emocionante percorrido pola historia literaria de Galicia da man das súas grandes creadoras: desde Rosalía de Castro ata Francisca Herrera, María Mariño, María Victoria Moreno, Xela Arias e Luísa Villalta.
A viaxe imaxinaria, guiada pola simpática Pinti, contará con numerosas paradas que permitirán que o público coñeza as historias vitais das autoras, que lograron abrir camiño nunha sociedade onde as mulleres non tiñan as mesmas oportunidades que os homes. “É un espectáculo apto para pequenos e maiores no que coñeceremos a vida e obra de Rosalía e de outras escritoras moi importantes que fixeron historia e que seguen inspirando ás novas xeracións a día de hoxe”, explica Lorena Castro, concelleira de Educación. A peza é unha celebración da lingua galega, da creatividade e da forza das mulleres que a mantiveron viva.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A Casa da Cultura do Carballiño acollerá a representación mañá venres, día 20, ás 18,30 horas. A entrada é de balde.
















