Mentres moitos pobos e vilas despiden o Entroido, en San Amaro comezamos a conta atrás para vivir o noso gran Sábado de Piñata
Este sábado 21, o noso Entroido celébrase por todo o alto cunha programación pensada para todas as idades:
17:30 h – Arranca dende a Escola de Equitacion o Gran desfile de entroido con máis de 15 comparsas que encherán as nosas rúas de cor, música e ledicia.
18:00 h – Colchonetas e xogos infantís no campo da feira para que os máis pequenos da casa gocen ao máximo.
18:30 h – chocolatada con deliciosos churros para todos os comparsistas e asistentes no Campo da Feira.
19:30 h – Gran actuación do noso veciño e amigo DJ Mikelson, para poñer o broche final a unha tarde inesquecible.
Este sábado, o Entroido faise grande en San Amaro.
Agardámosvos a todos!
#EntroidoSanAmaro#SábadoDePiñata#entroido2026









