A terceira edición do Rallysprint Piñor, primeira proba do calendario do Campionato Galego, tivo como vencedor ao equipo integrado por ‘Toñito’ López e Santi Gil, que aos mandos dun Peugeot 205 Proto de YaCar marcaron tres dos catro scratch da xornada.
A segunda posición foi para Fermín Sousa e Carmen González, que competían na casa e completaron unha proba moi sólida, combinando rapidez e regularidade. Finalmente, quedaron a tan só 10,3 segundos do primeiro posto. O terceiro chanzo do podio foi para outro equipo local, o formado por ‘Caixas’ e Alberto Rodríguez, tras unha intensa e axustada loita polo último posto de honra.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Na categoría extra “Trofeo Talleres Alonso”, a vitoria foi para Dani Berdomás e Brais Mirón, no debut co Citroën C3 Rally2, mentres a segunda praza correspondeu a David González e José Lage, mentres que Javier Ramos e Álex Moure completaron o podio, sumando ademais o triunfo no “Trofeo Piñor”.
Na Copa Kumho, o triunfo foi para Sergio Otero e Noel Claro, na súa primeira participación no Campionato Galego de Rallysprint, con Jesús Vázquez e Javier Quevedo na segunda posición, sendo terceiros Lisi Abelleira e Daniel Pérez.
📃 𝗖𝗹𝗮𝘀𝗶𝗳𝗶𝗰𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗳𝗶𝗻𝗮𝗹 𝟯º 𝗥𝗮𝗹𝗹𝘆𝘀𝗽𝗿𝗶𝗻𝘁 𝗱𝗲 𝗣𝗶𝗻̃𝗼𝗿
1️⃣ “Toñito” López – Santi Gil 27:30.0
2️⃣ Fermin Sousa – Carmen González +10.3
3️⃣ Rodrigo Rodriguez – Alberto Rodriguez +22.9
4️⃣ Miguel A. Alonso – Leticia Alvarez +25.8
5️⃣ Diego Felix – Hector Rodriguez +26.0
6️⃣ Jesus M. Ferreiro – Javier Anido +32.8
7️⃣ Pedro Castro – Jose A. Castro +35.4
8️⃣ Miguel Gayoso – Carlos Guitian +46.2
9️⃣ Daniel Montoto – Manuel Raído +53.7
🔟 Iago Silva – Francisco J. González +1:05.2








