O BNG saca adiante co apoio plenario do PSOE a mellora do servizo de axuda no fogar, co voto en contra do PP

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Corporación Municipal do Carballiño aprobou hoxe, na sesión ordinaria correspondente ao mes de febreiro, unha moción presentada polo BNG na que se demanda da Xunta de Galicia a mellora da cobertura e dos recursos económicos para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). O acordo plenario foi tomado co apoio do grupo de Espazo Común (5 votos) e do PSdeG-PSOE (5 votos, tamén), mentres os cinco concelleiros do Partido Popular votaban en contra.

A voceira nacionalista, Sofía García, defendeu a súa proposta en base a que “os concellos están financiar máis do 50% do custe do servizo, xa que a Xunta só está a abonar 13 euros por hora de prestación mentres o custe total é de 27 euros”. A edil do BNG tamén mencionou que, no caso do Carballiño, o número de persoas dependentes atendidas baixou das 76 ás 72 dende o ano pasado, “cando hai unha poboación de máis de 4.000 persoas maiores de 65 anos”.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A concelleira popular Elvira Torres amosou a súa disconformidade coa proposta do BNG, que cualificou de “documento político partidista”, ao entender que culpabilizaba á Xunta, “cando o PSOE ten a obriga dende o Goberno central de incrementar a súa aportación”. “Boto de menos esa mesma contundencia”, en alusión a la ausencia de crítica al PSOE por parte de Sofía García. E os de Espazo Común amosaronse a favor da moción nacionalista, se ben o seu concelleiro Francisco Fraga, referíndose a intervención da edil do PP sinalou a súa admiración “por falar así dos seus compañeiros do grupo de goberno”.

Pola súa banda, a socialista Silvia Baranda, responsable da Área de Servizos Sociais, manifestou que “a Lei de Dependencia é responsabilidade da Xunta, que pasou de financiar o 87% do custe do SAF a menos do 50%” e que o gasto do Concello do Carballiño en axudas a dependencia foi superior aos 400.000 euros no exercicio de 2025. E lembrou que “o ano pasado tivemos un grave problema coas traballadoras do SAF e o Concello tivo que buscar os cartos para que o servizo non desaparecera, e pregúntome ónde estaba a Xunta para apoiarnos”.

Noutro orden de cousas, a Corporación tamén aprobou a ordenanza que regulará os prezos de aluguer das naves do Viveiro de Empresas, cos votos a favor do goberno municipal (PSOE e PP) e a abstención de Espazo Común e BNG. O grupo municipal de Espazo Común víu rexeitadas polo grupo de goberno sendas mocións relativas ás obras de bacheado de rúas e á solicitude de información sobre as contas e a xestión da Fundación Irmáns Prieto na residencia xeriátrica do Asilo, que sí contaron co apoio do BNG.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------