Este venres, día 6 de marzo, Cine Club Carballiño proxecta unha das grandes película do ano, “Valor sentimental”, do director danés Joachim Trier. Unha das grandes favoritas aos Oscar (ten nove nominacións, entre elas todas as principais: director, película, actriz principal, guión, montaxe, película internacional, entre outras).
O filme leva colleitados un bo montón de premios: gañadora do Premio do Xurado en Cannes, Goya á mellor película europea, Bafta á mellor película de fala non inglesa; gañadora de cinco premios do cine europeo, entre eles o de mellor película e dirección; en definitiva, un sinfín de recoñecementos que coinciden cunha excelente acollida do público alí onde se proxecta.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O argumento cóntanos que, tra-la morte da súa nai, as irmás Nora e Agnes reencóntranse co seu distanciado pai, Gustav Borg, un veterano director de cine de renome, que lle ofrece á súa filla Nora, actriz de teatro, un papel na súa próxima película. Noa rexéitao, e pronto descobre que lle deu ese papel a unha estrela de Hollywood noca e entusiasta. De súpeto, as dúas irmás deben sortear a súa complicada relación co seu pai e lidiar cunha actriz estadounidense que se atopa no media da súa complexa dinámica familiar.
Os pases da proxección serán ás 20,00 horas en castelán e ás 22,30 horas en VOS, ambos no Auditorio Manuel María do Carballiño.

















