O Servizo de Emerxencias 112 vén de informar dun sinistro rexistrado ás 16,50 horas de hoxe na estrada N-525 (Zamora-Santiago) pola saída de vía dun turismo.
O accidente tivo lugar á altura do municipio de Piñor, cando un turismo Ford Galaxy, ocupado por tres persoas, por causas aínda descoñecidas, saíase da calzada no punto quilométrico 270 desta estrada e, posteriormente, impactaba contra unha vivenda situada ao carón da estrada.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O conductor do turismo resultaba con feridas leves, mentres os seus dous acompañantes, que viaxaban un deles no asiento dianteiro xunto o piloto e, o segundo, no asiento traseiro, presentaban feridas graves, polo que foron trasladados en ambulancias ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).
O equipo do subsector de Tráfico desprazado ao lugar do accidente practicoulle ao conductor as pertinentes probas de consumo de alcohol e drogas, que resultaron negativas.








