O alumnado do colexio público do Irixo conmemorou o 8M rendendo homenaxe a mulleres senlleiras da historia

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Casa do Concello do Irixo foi o escenario escollido polo CEIP Virxe Pena da Sela para a celebración dunha actividade conmemorativa do Día Internacional da Muller (8M) e consistente na exposición dos traballos elaborados nas últimas datas polas alumnas e alumnos nas aulas do seu centro do ensino.

O acto, aberto a toda a comunidade do Irixo, tivo lugar na xornada de onte e con unha importante afluencia, xa que un bó número de nais, pais e familiares tiveron a oportunidade de admirar os traballos feitos polos seus cativos e cativas, centrados en salientar as figuras de diferentes mulleres que fixeron historia en distintos ámbitos da sociedade: ciencia, arte, política, deporte ou literatura, entre outros.

O obxectivo desta iniciativa era lembrar a estas mulleres e visibilizalas como referentes femininos que sirvan de inspiración ás novas xeraciós. A exposición do alumnado contou con producións propias tales como murais, maquetas, textos e presentacións de apoio ás súas intervencións orais, que cautivaron aos asistentes, que compartiron este espazo de aprendizaxe, reflexión e recoñécemento.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------