A Deputación de Ourense inviste máis de 423.000 euros en once concellos , cunha especial incidencia en Beariz, Boborás, Castrelo de Miño, Cortegada e O Irixo

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Deputación de Ourense vén de aprobar na Xunta de Goberno do 23 de marzo un paquete de investimentos que supera os 423.800 euros, destinados a melloras en infraestruturas, saneamento, eficiencia enerxética e equipamentos municipais. Estas axudas enmárcanse na liña de cooperación cos concellos e cohesión territorial impulsada polo presidente provincial, Luis Menor.

Dos once concellos beneficiarios, destacan os de Beariz, Boborás, Castrelo de Miño, Cortegada e O Irixo, que xunto cos restantes (Cualedro, Lobeira, Montederramo, Riós, San Cibrao das Viñas e Vilar de Barrio) e a Mancomunidade Voluntaria de Municipios da Comarca de Ourense, verán reforzadas as súas capacidades para executar proxectos que inciden directamente na calidade de vida da veciñanza.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


As actuacións aprobadas inclúen desde a mellora de camiños e viarios municipais ata intervencións en saneamento, abastecemento, alumeado público e eficiencia enerxética, así como investimentos en equipamentos e servizos locais.

Coincidindo coa rolda de prensa posterior á sesión da Xunta de Goberno, Luis Menor salientou que a institución provincial continúa a avanzar no seu compromiso cos concellos, especialmente cos de menor tamaño, facilitando a execución de proxectos que contribúen ao desenvolvemento equilibrado do territorio.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------